domingo, abril 16, 2006

Xabier do Campo, mais do que complexos vitaminicos ou comprimidos de proteínas

"Así que desde aquí, desde este lugar que se abre ao meu dispor, serei o que máis me gusta ser: contador de historias, facedor de artificios lingüísticos que non son máis que sombras do mundo que pasa por diante desta caverna na que habito ollando para o fondo, de costas á entrada por diante da que din que vai pasando a realidade, por iso me chaman louco os que me escoitan dicir que aspiro a facer a realidade non a copiala."
CANDO O AUTOR FALA DE SI

EU TEÑO MEDO...
Cando petan na porta pola noite.
A estar só cando non quero estar só.
A estar no medio de moita xente
A quedar só no mundo
A non morrer nunca
A morrer pronto
A morrer estupidamente nunha estrada
A quedar inútil
A tolear
A que lles pase algo aos meus
A que os que quero non me queiran
A perder o gusto polas cousas que me gustan
A ter que vivir sempre nunha cidade
A que non haxa flores
A que non haxa animais en liberdade
A non poder mirar as estrelas pola noite
A non poder mirar a paisaxe no outono
Ao mar (desde o mar)
A mirar un día para o ceo e non ver un paxaro
A que non haxa troitas nos ríos
A ter que ir á guerra
Á guerra, aínda que non teña que ir
Ás almas miserables
Aos que sempre din a verdade
Aos que menten sempre
A pasar fame
Aos contos de medo
Ás películas de medo
A ir ao dentista
A montar en avión
A non ter medo a nada
A ter moito medo
Cando pasa moito tempo sen que ninguén pete na miña porta
A...

(Cando petan na porta pola noite.
Col. Merlín, Eds. Xerais. Vigo, 1994)
[em Portugal editado pela Ambar]